Desde o 5 ata o 8 de xuño celébrase en Silleda a 28º edición do Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2025, onde os produtos da economía social galega volverán a estar presentes.
Salimat é un espazo xa consolidado para os profesionais do sector da alimentación. Desde pequenos produtores e artesáns ata a gran distribución se unen para colaborar, impulsar o seu crecemento e resultados, e reforzar o seu posicionamente e visibilidade ante o propio sector e o público final.