Por admin_eu, 16 Xuño, 2025

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández acompañado pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reafirmou hoxe o compromiso da Xunta coa eonomía social como modelo económico clave para construír unha Galicia máis sustentable, inclusiva e próspera. Fixoo na clausura do Día da Economía Social Galega, un acto organizado polo Foro pola Economía Social Galega (Foroesgal).

Por admin_eu, 16 Xuño, 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, entregou hoxe os premios logrados polo CEIP de San Miguel de Reinante (Barreiros) no certame Cooperativismo no Ensino 2025, convocado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Arias gabou o labor realizado dende este centro, que recibiu os tres accésits concedidos nas categorías dirixidas a alumnado de educación primaria. Estes niveis participan na modalidade de actividades artísticas.

Por admin_eu, 13 Xuño, 2025

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou esta mañá na illa de San Simón o oitavo congreso internacional de Economía Social baixo o lema As Empresas da Economía Social: desde a actividade tradicional cara á innovación tecnolóxica e social e organizado pola Facultade de Comercio da Universidade de Vigo. Previamente, a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, fixo unha presentación da Estratexia galega da Economía Social, co horizonte posto no 2027.

Por admin_eu, 12 Xuño, 2025

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou na inauguración da oitava edición do Congreso Internacional de Economía Social, que se celebra hoxe e mañá na illa de San Simón baixo o lema As empresas da economía social: desde a actividade tradicional cara á innovación tecnolóxica e social e organizado pola Facultade de Comercio da Universidade de Vigo.

Por admin_eu, 11 Xuño, 2025

A Xunta concedeu o pasado ano axudas ao emprendemento por valor de 250.000 euros a 28 empresas de Ferrolterra. A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Juan José Couce, visitou esta mañá o cámping da praia do Raso, en Ares, unha das pemes beneficiarias destas achegas.

Por admin_eu, 4 Xuño, 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, salientou hoxe as sinerxías entre a economía social e a artesanía a prol da integración laboral das persoas con discapacidade, eido no que puxo en valor o labor dos centros especiais de emprego e a creatividade como un apoio. Neste sentido, engadiu que a creatividade ten moito que ver co emprendemento e coa artesanía.

Por admin_eu, 3 Xuño, 2025

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, xunto co director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, e coa directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño participaron na xornada Compromiso Social: Creando Valor Social e Económico, organizada pola Asociación de Empresarios de Mos co apoio da Xunta.