Por admin_eu, 11 Xuño, 2025
A Xunta concede axudas ao emprendemento por valor de 250.000 euros a preto dunha trintena de empresas de Ferrolterra

A Xunta concedeu o pasado ano axudas ao emprendemento por valor de 250.000 euros a 28 empresas de Ferrolterra. A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Juan José Couce, visitou esta mañá o cámping da praia do Raso, en Ares, unha das pemes beneficiarias destas achegas.

No seu caso, a subvención por valor de 22.000 euros destinouse á substitución da instalación eléctrica no restaurante do cámping e á instalación dun sistema de cobro para o persoal. Ademais executouse a reforma do baño e se levaron a cabo melloras na terraza das instalacións, ente outras actuacións.

A delegada territorial lembrou que estas axudas están destinadas a autónomos, mutualistas, pemes e entidades de economía social e que a súa finalidade non é outra que a de “impulsar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á mellora da súa competitividade”.

As achegas van dos 3.000 € aos 30.900 € (en función da magnitude do investimento realizado) para dar cobertura, entre outros, a gastos vencellados co proxecto empresarial en materia de equipamento  informático, eficiencia enerxética, equipamento e mobiliario, ou na reforma das instalacións.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta concede axudas ao emprendemento por valor de 250.000 euros a preto dunha trintena de empresas de Ferrolterra

Data

Categoria