Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Como crecer máis aló das fronteiras nacionais: claves para internacionalizarse
A Rede Eusumo organiza o curso en liña: "Como crecer máis aló das fronteiras nacionais: claves para internacionalizarse"
Datas: do 21 abril ao 5 de maio de 2026
Modalidade: en liña
Duración: 20 horas
Inscricións: a través do Campus Eusumo
Obxectivo: Comprender e aplicar os fundamentos da internacionalización empresarial nun contexto global, analizando os procesos, as diferenzas culturais entre países, as estratexias de márketing internacional e a xestión operativa necesaria para competir eficazmente en mercados internacionais.
Público obxectivo: Dirixida a entidades interesadas no proceso de internacionalización do seu negocio ou ao público en xeral que desexe adquirir coñecementos sobre a internacionalización.
Programa:
- MÓDULO 1. A globalización e a internacionalización
- MÓDULO 2. O proceso de internacionalización
- MÓDULO 3. As diferenzas culturais entre países
- MÓDULO 4. O márketing internacional
- MÓDULO 5. A xestión operativa internacional
As inscricións estarán abertas ata o 20 de abril de 2026 e faranse seguindo estos pasos:
Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

