Por admin_eu, 21 Abril, 2026
Como crecer máis aló das fronteiras nacionais: claves para internacionalizarse

Rede Eusumo organiza o curso en liña: "Como crecer máis aló das fronteiras nacionais: claves para internacionalizarse"

Datas: do 21 abril ao 5 de maio de 2026

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do Campus Eusumo

Obxectivo: Comprender e aplicar os fundamentos da internacionalización empresarial nun contexto global, analizando os procesos, as diferenzas culturais entre países, as estratexias de márketing internacional e a xestión operativa necesaria para competir eficazmente en mercados internacionais.

Público obxectivo: Dirixida a entidades interesadas no proceso de internacionalización do seu negocio ou ao público en xeral que desexe adquirir coñecementos sobre a internacionalización.

Programa:

  • MÓDULO 1. A globalización e a internacionalización
  • MÓDULO 2. O proceso de internacionalización
  • MÓDULO 3. As diferenzas culturais entre países
  • MÓDULO 4. O márketing internacional
  • MÓDULO 5. A xestión operativa internacional

As inscricións estarán abertas ata o 20 de abril de 2026 e faranse seguindo estos pasos:

Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

curso eusumo internacionalización

Curso Eusumo Internacionalización

Data

Categoria