Por admin_eu, 11 Abril, 2026
Medrando Xuntas presenta o seu itinerario formativo para socias, traballadoras e directivas da Economía Social

O programa Medrando Xuntas, impulsado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pon en marcha unha nova edición da súa oferta formativa gratuíta para as mulleres da Economía Social galega.


O programa parte dunha realidade clara: aínda que a presenza feminina na Economía Social é significativa, persisten barreiras que dificultan o acceso aos espazos de decisión e liderado. Esta nova edición responde a ese desafío cunha oferta formativa práctica, participativa e orientada á acción con dous itinerarios adaptados ás diferentes realidades:

Formación para socias e traballadoras (20 horas)

Orientado a reforzar a participación activa das mulleres nas súas entidades. Estrutúrase en tres bloques:

  • Bloque 1. A Economía Social en Galicia
  • Bloque 2. Fortalecer o liderado
  • Bloque 3. Xestión das organizacións

Formación para directivas e futuras líderes (60 horas)

Dirixido a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara a postos de liderado. Componse de catro bloques:

  • Bloque 1. A Economía Social desde a perspectiva de xénero e os desafíos do futuro
  • Bloque 2. Coñézome eu para mudar o que me rodea
  • Bloque 3. Estratexias para unha xestión transformadora
  • Bloque 4. Proxectos innovadores para a Economía Social

Ambos itinerarios impartiranse en modalidade mixta, con encontros presenciais e en liña, celebrándose a primeira sesión o vindeiro 11 de abril.

Consulta o programa e o calendario das formacións na seguinte ligazón.

O prazo para inscribirse está aberto ata o vindeiro 1 de abril a través do seguinte formulario.

Para máis información, poden enviar un correo electrónico a medrandoxuntas.emprego@xunta.gal ou chamar o 696 55 96 42.

Descarga o cartel

Cartel Medrando Xuntas 2026

Medrando Xuntas 2026

Data

Categoria