Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Sementes autóctonas e tradicionais en Galicia
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio "Sementes autóctonas e tradicionais en Galicia" no marco da Rede Eusumo.
Data: 27 de maio
Horario: de 09:30 h a 14:30 h
Modalidade: Online
A actividade está dirixida a:
- Socios e socias das cooperativas agroalimentarias
- Persoas que teñan vinculación coa economía social
- Produtores/as do sector agrario, persoal técnico, investigadores/as, estudantado e público interesado
Obxectivos:
- Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado
- Promover o coñecemento das novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia consideradas como oportunidades de negocio
- Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre as persoas e as súas familias
- Fomentar a fixación da poboación no eido rural na contorna das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias como de novos emprendementos
Programa:
- Sementes autóctonas: o caso da fina de Carballo
- Características xerais do cultivo
- Mellora e selección da fina de Carballo
- Características produtivas e culinarias
- Xenetica e mellora do trigo tradicional
- Conservación de semente e pureza varietal
- Híbridos versus variedades locais
- Variedades locais: un reservorio de xenes de adaptación e resilencia
- Adaptación a distintas zonas de Galicia
- Sementes autóctonas de horta
- Potencial nutritivo e gastronómico
- Principais características do cultivo
- Producción e manexo no cultivo
- Millo corvo: variedade ancestral de millo galego
- Historia e recuperación do millo corvo
- Características agronómicas
- Manexo técnico do cultivo
- Potencial nutricional e gastronómico
- Transformación en fariñas e produtos elaborados
- Avea negra: recuperación varietal, transformación e valor engadido
- Historia e recuperación da avea negra
- Potencial nutricional e gastronómico
- Características agronómicas e adaptación a Galicia
- Transformación en fariñas e produtos elaborados
- Trigo sarraceno: alternativa para celíacos
- Orixe e adaptación a Galicia
- Propiedades nutricionais
- Prácticas de cultivo
- Principais resultados do estudo
Inscripcións disponibles a través do seguinte formulario
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

