Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Tecendo alianzas: mulleres emprendedoras en conexión
O programa Medrando Xuntas organiza o encontro "Impulso Local: Emprendemento e igualdade en rede". Unha xornada única pensada para persoas con inquietudes, ideas ou ganas de dar un paso máis no mundo do emprendemento.
Data: Mércores, 17 de xuño
Horario: 12:00 - 14:00 h
Modalidade: Presencial
Lugar: Sede do Polo de Monforte. R/ San Pedro, n3, Monforte de Lemos
Programa do encontro:
- Presentación da xornada. Contextualización, obxectivos e explicación da metodoloxía participativa.
- Dinámica participativa - Traballo con todo o grupo arredor dunha única mesa. Estrutúrase en 3 bloques de 10 minutos con preguntas guía.
- Diálogo aberto con Medrando Xuntas.
- Presentación de Medrando Xuntas por Cristina Mosteiro.
- Espazo de conversa no que as participantes poden formular preguntas directamente ás integrantes de Medrando Xuntas, que comparten experiencias, boas prácticas e claves para impulsar o liderado femenino, así com,o fórmulas de cooperación e creación de iniciativas en economía social.
- Ordenación de ideas e propostas de acción.
- Revisión conxunta das achegas e identificación de prioridades. Definición de posibles liñas de traballo: creación de redes, colaboracións concretas e vías para reforzar o liderado femenino.
- Conclusións. Síntese final, recollida de impresións e definición de posibles seguintes pasos.
Para máis información podes consultar a web da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego
Se tes unha idea, un proxecto ou simplemente curiosidade… este é o teu sitio. Apúntate e forma parte dun movemento que medra desde a diversidade, a colaboración e o orgullo polo local.
