By admin_eu, 17 Junho, 2026
Tecendo alianzas: mulleres emprendedoras en conexión

O programa Medrando Xuntas organiza o encontro "Impulso Local: Emprendemento e igualdade en rede". Unha xornada única pensada para persoas con inquietudes, ideas ou ganas de dar un paso máis no mundo do emprendemento. 

Data: Mércores, 17 de xuño

Horario: 12:00 - 14:00 h

Modalidade: Presencial

Lugar: Sede do Polo de Monforte. R/ San Pedro, n3, Monforte de Lemos

Programa do encontro:

  • Presentación da xornada. Contextualización, obxectivos e explicación da metodoloxía participativa.
  • Dinámica participativa - Traballo con todo o grupo arredor dunha única mesa. Estrutúrase en 3 bloques de 10 minutos con preguntas guía.
  • Diálogo aberto con Medrando Xuntas.
    • Presentación de Medrando Xuntas por Cristina Mosteiro.
    • Espazo de conversa no que as participantes poden formular preguntas directamente ás integrantes de Medrando Xuntas, que comparten experiencias, boas prácticas e claves para impulsar o liderado femenino, así com,o fórmulas de cooperación e creación de iniciativas en economía social.
  • Ordenación de ideas e propostas de acción.
    • Revisión conxunta das achegas e identificación de prioridades. Definición de posibles liñas de traballo: creación de redes, colaboracións concretas e vías para reforzar o liderado femenino.
  • Conclusións. Síntese final, recollida de impresións e definición de posibles seguintes pasos.

Para máis información podes consultar a web da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego

Se tes unha idea, un proxecto ou simplemente curiosidade… este é o teu sitio. Apúntate e forma parte dun movemento que medra desde a diversidade, a colaboración e o orgullo polo local.

Medrando xuntas tecendo alianzas

Data

Categoria