Por admin_eu, 4 Outubro, 2025
A Xunta destaca na feira #Esdomar o labor da rede Eusumo no fortalecemento do emprendemento no ámbito da economía social

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Marino, asistiu á segunda edición da feira #Esdomar, organizada pola Fundación para a Pesca e o Marisqueo (Fundamar) no marco da rede Eusumo e en colaboración coa Confraría de Pescadores de Vigo. Esta cita, que se celebra hoxe no porto vigués de Canido, inclúe a presentación de iniciativas de economía social na contorna do mar, talleres, charlas, exposicións, música e gastronomía e deste xeito busca poñer en valor as iniciativas de economía social no sector marítimo-pesqueiro, promovendo a sustentabilidade e o desenvolvemento económico da comunidade.

Alí, Marta Marino destacou que o fin de #Esdomar concorda coa aposta do Goberno galego por fortalecer a economía social, ámbito para o que o Goberno galego ten orzados neste 2025 case 45 millóns de euros e no que impulsou a Estratexia galega da economía social: horizonte 2027. Ademais, avanza na tramitación da nova Lei de cooperativas de Galicia, lexislando e adaptando a normativa á realidade actual, co obxecto de axilizar a creación de novas entidades e de consolidar as xa existentes. A directora xeral tamén puxo en valor o labor da rede Eusumo que presta apoio directo á creación de emprego con base na economía social, asesorando a persoas e entidades interesadas en emprender neste ámbito.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca na feira #Esdomar o labor da rede Eusumo no fortalecemento do emprendemento no ámbito da economía social

Data

Categoria