Por admin_eu, 20 Outubro, 2025
A Xunta pon en valor o seu compromiso coa igualdade de oportunidades no ámbito laboral para garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Marino, participou esta tarde na mesa redonda O dereito financeiro e as mulleres con discapacidade no marco da xornada A protección do ordenamento tributario ás mulleres con capacidades diferentes organizada pola Universidade de Vigo. Alí, puxo en valor o compromiso da Xunta coa igualdade de oportunidades no ámbito laboral para garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade.

Nese sentido, destacou que Galicia é referente en reserva dos contratos nos seus procesos de licitación con motivo de que participen de maneira exclusiva empresas de inserción ou centros especiais de emprego de iniciativa social, máis aló das convocatorias específicas de apoio a este tipo de entidades. Tamén se referiu a outras iniciativas como a formación dual para capacitar a persoas con discapacidade intelectual e mellorar a súa inserción profesional ou ao programa de emprego con apoio para financiar a contratación de preparadores que presten apoio a persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social no seu traballo nunha empresa, co fin de favorecer a súa integración laboral.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o seu compromiso coa igualdade de oportunidades no ámbito laboral para garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade

Data

Categoria