LOADING

DÍA DO COOPERATIVISMO GALEGO 2024

A Xunta celebra o Día do Cooperativismo Galego baixo o lema "As cooperativas constrúen un futuro mellor para as persoas".

Este é o lema escollido este ano para a celebración do Día do Cooperativismo Galego o sábado 6 de xullo ás 12.00h no C.P.R. Plurilingüe Ángel de la Guarda, sede da Sociedade Cooperativa Galega La Mendoña, en Nigrán.

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración celebra o Día do Cooperativismo Galego cunha gala na que se fará entrega dos Premios á Cooperación convocados anualmente. Nesta ocasión o proxecto A Morada Nosa recibirá o Premio ao mellor proxecto cooperativo novo;  Consumo Consciente Árbore recollerá o Premio aos valores cooperativos e A Carqueixa o Premio á traxectoria cooperativa.

Durante o acto tamén se fará entrega dos premios a Proxectos Empresariais Cooperativos do Certame Cooperativismo no ensino 2024 na modalidade para alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia e que neste ano recoñeceu co primeiro premio ao proxecto 'Arroutada, Sociedade Cooperativa Galega' do IES Fernando Wirtz Suárez, da Coruña, e co accésit a 'SailingDog' da Sociedade Cooperativa Galega Mendiño, de Vigo.

A gala do Día do Cooperativismo Galego estará conducida pola nova gran presentadora estrela do audiovisual galego, Esther Estévez, e contará co participación do ilusionista Joshua Kenneth, que o pasado ano gañou o recoñecido Premio Frakson ao mellor ilusionista de escena do Estado español e que agora se prepara para a súa viaxe a “Magic Castle”, a coñecida como meca da maxia estadounidense.

Consulta o programa e máis información a través da web www.cooperativismogalego.com

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela