Programa Medrando Xuntas 2021

A Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social pon en marcha a quinta edición do programa formativo gratuíto Medrando Xuntas, para fomentar o talento feminino nas entidades de economía social, e que tamén forma parte das medidas da Estratexia Galega de Economía Social que prevé como unha das accións, dentro do reto SUMAR CAPACIDADES, a promoción do emprendemento feminino.

Medrando Xuntas está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social, ben sexan socias e/ou traballadoras, responsables de dirección e/ou de goberno.

O programa conta con dous itinerarios diferentes, un para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección e outro para socias e traballadoras. En ambos casos os contidos están organizados en áreas temáticas vinculadas á xestión das organizacións e ás habilidades persoais, adaptados aos diferentes perfís das destinatarias.

Ademais, realizarase o IV Foro Medrando Xuntas, aberto a todas as mulleres da economía social, un espazo de conversa sobre os retos, os desafíos e as oportunidades que as mulleres teñen no seu desenvolvemento profesional.

Medrando Xuntas Directivas ofrece unha formación de 60 horas de duración que terá lugar en Santiago de Compostela, na Escola Galega de Administración Pública (sesións on line a través da plataforma Zoom), entre os meses de marzo e xuño de 2021, nas seguintes datas:

Podes consultar aquí o programa detallado.

Medrando Xuntas Socias e Traballadoras é unha actividade formativa de 20 horas de duración que se realizará a través da plataforma Zoom, entre os meses de abril e maio de 2021, nas seguintes datas:


Podes consultar aquí o programa detallado.

As inscricións pódense realizar a través dun dos seguintes formularios web:

prazo para inscribirse  é do 1 ao 21 de febreiro de 2021.

 

Luns, 1 February, 2021 - 10:30 to Domingo, 21 February, 2021 - 10:30

Compartir

Artigos relacionados