Xornadas de emprendemento e innovación en empresas de economía social no sector agroalimentario galego

A Fundación Juana de Vega organiza as "Xornadas de emprendemento e innovación en empresas de economía social no sector agroalimentario galego" no marco da Rede Eusumo.

Datas: 17 e 24 de xaneiro

Horario: 09:30 h - 17:30 h / 18:30 h

Modalidade: presencial

Lugar: Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa

Persoas destinatarias: 

  • Produtores primarios locais que queiran incrementar a rendibilidade da súa explotación con novas ideas de negocio vinculadas a pequenas transformacións a escala artesanal para obter produtos alimentarios de calidade.
  • Propietarios ou traballadores de pemes agroalimentarias interesados en abordar novos desenvolvementos innovadores.
  • Alumnos e alumnas da escola participante que poden ser futuras persoas emprendedoras, ben como remuda das explotacións familiares ou como traballadores das entidades do sector agroalimentario.

Obxectivos: 

  • Contribuír ao desenvolvemento da cultura do emprendemento e das habilidades innovadoras no sector da produción e da transformación de alimentos con modelos produtivos baseados na economía social que xeren no só impacto económico no medio, senón tamén un impacto social e ambiental positivo no territorio.
  • Mellorar a competitividade das empresas agroalimentarias para:
    • Coñecer os elementos máis relevantes dun plan de márketing e a aplicación práctica dos principios básicos do márketing e da comunicación en calquera negocio.
    • Coñecer as novas tendencias de deseño e presentación de etiquetas e envases para as producións agroalimentarias.
  • Crear sinerxías entre o centro educativo colaborador e as empresas agroalimentarias da zona, así como entre o alumnado do centro e o ecosistema empresarial da comarca.

Inscricións: a través desta ligazón 

Máis información: visita a web juanadevega.org ou contacta a través de info@juanadevega.org

 

Descarga o programa

 

Mércores, 17 January, 2024 - 09:30 to 17:30

Compartir