Como fago para que a miña entidade de economía social saia nos medios de comunicación? | Edición II
A Rede Eusumo organiza a 2ª edición da actividade en liña: "Como fago para que a miña entidade de economía social saia nos medios de comunicación?"
Datas: do 6 ao 20 de febreiro
Horas: 20
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Persoas destinatarias: esta acción está dirixida ás entidades que precisen difundir novidades sobre a súa actividade ou os seus produtos/servizos así como ás empresas que desexen mellorar a expresión do seu persoal de comunicación.
Obxectivos:
-
Entender o papel estratéxico da comunicación nas empresas, tanto de cara á opinión pública como a nivel interno
-
Adoptar destrezas básicas para xestionar esa comunicación e saber como actuar nunha situación de crise
Programa:
MÓDULO 1. Notas de prensa, convocatorias a medios e situacións de crise
MÓDULO 2. A figura da persoa portavoz e claves do discurso
MÓDULO 3. O valor da comunicación interna e RSE
As inscricións estarán abertas ata o 5 de febreiro de 2024 e faranse seguindo estos pasos:
- Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
- Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal
Descarga o cartel