|
Boletín Rede Eusumo Nº 119 27 / 05/ 2021
|
|
|
|
|
|
Axudas á igualdade, á conciliación e á RSE
Xa está aberto o prazo para solicitar estas tres liñas de axudas que teñen como obxectivo fomentar a responsabilidade social nas pemes e nas persoas traballadoras autónomas de Galicia.
- Liña I: para a elaboración e implantación de plans de igualdade.
- Liña II: para a conciliación; con incentivos para o fomento do teletraballo, o fomento da flexibilidade horaria e a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo.
- Liña III: para a certificación de RSE.
O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 10 de xuño.
Podes consultar a orde premendo aquí.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Premios Galicia Alimentación
Clusaga convoca por sétimo ano consecutivo os Premios Galicia Alimentación, con tres modalidades de participación:
- Produto innovador: premia a innovación, o potencial comercial, o deseño, as posibilidades de agregar valor ou a adaptación ás demandas do consumidor.
- Proxecto empresarial o institucional: recoñece empresas, institucións, organizacións ou institucións con carácter emprendedor e cooperativo e cun desenvolvemento cara á fábrica do futuro 4.0 e que cumpren cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
- Estratexia de mercado: valora a estratexia de internacionalización e posicionamento no mercado e o desenvolvemento do plan de marketing.
O prazo de presentación das candidaturas finaliza o 1 de xuño ás 14 horas.
Podes consultar as bases da convocatoria premendo aquí
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Cume Europeo de Economía Social 2021
Os días 26 e 27 de maio celebrarase a través dunha conferencia dixital o Cume da Economía Social Europea 2021.
Este evento ten como obxectivo fortalecer a economía social en Europa e aproveitar a súa contribución ao desenvolvemento económico, a inclusión social e as transicións verdes e dixitais.
Para máis información, podes acceder á páxina web do #EUSES a través desta ligazón.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
Organización cooperativa dentro do programa #SaímosCooperando
Estas pílulas formativas prestan apoio ás cooperativas na mellora da súa dirección, pois aprenden a traballar na cooperativa e a establecer as relacións das persoas coa entidade e melloran as habilidades sociais e persoais básicas.
Estas pílulas realízanse dentro do programa formativo #SaímosCooperando, que ten como obxectivo xeral a mellora da xestión e a consolidación das cooperativas na actual contorna de crise.
Datas: do 31 de maio ao 5 de xuño
Duración: 5 horas
Modalidade: formación en liña a través de pílulas formativas
Información: www.espazo.coop / patane@espazo.coop / 881 887 456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Formación sobre ferramentas para a xestión colectiva
Esta formación especializada en formación xerencial ten como obxectivo mellorar a capacitación da dirección e a xerencia das cooperativas participantes e os seus procedementos e sistemas de dirección empresarial, así como a divulgación entre elas de boas prácticas, ferramentas e habilidades que permitan a mellora dos seus procedementos de xestión e sistemas de dirección.
Datas: do 11 ao 18 de xuño
Horario: de 09:30 a 14:30 e de 16:00 a 18:30 h
Lugar: na aula 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación no Campus Norte de Santiago de Compostela
Duración: 15 horas
Inscrición: a través do seguinte formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Formación sobre contabilidade cooperativa
Esta formación pretende dar a coñecer para que serve a contabilidade nun proxecto cooperativo; coñecer o proceso contable e a súa relación co resto de ámbitos da empresa; capacitar as persoas socias e asalariadas da cooperativa no emprego das ferramentas contables; saber interpretar os principais estados financeiros e coñecer as ferramentas e recursos de apoio na xestión contable.
Datas: do 11 ao 28 de xuño
Horario: de 11:00 a 12:30 h
Modalidade: en liña a través desta plataforma con catro sesións virtuais os días 11, 17, 24 e 28 de xuño.
Inscrición: a través do seguinte formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|