LOADING

DÍA DO COOPERATIVISMO GALEGO 2023

A Xunta celebra o Día do Cooperativismo Galego baixo o lema "Cooperativas polo desenvolvemento sostible".

Este é o lema escollido este ano para a celebración do Día do Cooperativismo Galego o sábado 1 de xullo ás 12.00h nas instalacións da cooperativa Agroflor, Polígono da Gándara. Parcelas 100-101, Narón.

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade celebrou o Día do Cooperativismo Galego cunha gala na que se fixo entrega dos premios á cooperación convocados anualmente para promover e visibilizar as cooperativas de Galicia. Nesta ocasión Alén, Sociedade Cooperativa galega recibiu o Premio aos valores cooperativos; Enraizando, Sociedade Cooperativa galega, o Premio ao mellor proxecto cooperativo novo e Ferrolana de Profesores de Autoescuela, Sociedade Cooperativa galega, o Premio á traxectoria cooperativa.

Desde a Rede Eusumo entrevistamos a estas tres cooperativas para coñecer un pouco máis sobre elas e a súa experiencia. Podes lelas nas seguintes ligazóns:

Durante o acto tamén se levou a cabo a entrega dos premios a Proxectos Empresariais Cooperativos do Certame Cooperativismo no Ensino 2023 na modalidade para centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia e que neste ano recoñeceuse co primeiro premio ao proxecto Holística, Sociedade Cooperativa Galega presentado polo alumnado do IES A Guía e co premio accésit ao proxecto Sail2Day, presentado polo alumnado da Sociedade Cooperativa Galega Mendiño.

Na nosa canle de YouTube podes visualizar os vídeos de presentación das cooperativas e os proxectos gañadores:

Tamén podes visualizar o vídeo dos galardoados nas distintas modalidades do Certame Cooperativismo no Ensino premendo aquí.

Ademais, este ano dedicouse un recoñecemento especial a José Montes, polo seu labor como socio fundador de Feiraco a prol do movemento cooperativo.

O acto finalizouse ás 13:00 horas cun aperitivo para todas as persoas que se uniron á celebración.

Consulta o programa e máis información a través desta ligazón.

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela