LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 145  02/ 12 / 2021
 
   

A Xunta de Galicia segue apoiando o emprego inclusivo de cara ao 2022

Este pasado luns, a conselleira de Emprego e Igualdade e o presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego mantiveron unha reunión co fin de determinar os apoios ao emprego inclusivo de cara a este novo ano.
Destacouse que a Xunta de Galicia investirá 22,6 millóns de euros para a convocatoria de axudas e programas destinados ás persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social; que as axudas á creación e mantemento dos postos de traballo nos centros especiais de emprego suporá un investimento de 20,8 millóns de euros e que as axudas á creación e mantemento do emprego nas empresas de inserción laboral terán un millón de euros de presuposto.
 

Ver máis

   
   


O caso das empresas de inserción: Pontes ao mercado laboral

Esta nova actividade organizada por Aeiga ten como obxectivos fundamentais difundir e sensibilizar sobre a figura das empresas de inserción laboral e a inserción sociolaboral en Galicia, ademais de complementar a formación técnica e práctica dos futuros profesionais das áreas xurídica, económico-empresarial e social das empresas de inserción.

Data: 15 de decembro
Horario: de 12:30 a 14:30 h
Modalidade: presencial
Lugar: no CIP Compostela Ciclo de Integración Social
Inscricións: a través de aeigagalicia@aeiga.org
Para máis información: www.aeiga.org / 881 957 452 / 698 120 455

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela