|
Boletín Rede Eusumo Nº 151 20/ 01 / 2022
|
|
|
|
|
|
Ante o pleno do Consello da Economía Social expuxéronse as cifras que evidencian o crecemento da economía social de Galicia
Neste pleno indicouse que na actualidade Galicia conta con 3150 entidades de economía social activas, repartidas en 1571 sociedades cooperativas; 1448 sociedades laborais; 117 centros especiais de emprego; e 14 empresas de inserción.
Destacouse que no 2021 se crearon 174 novas empresas, que suman 521 persoas socias promotoras, e que nelas destaca a presenza da muller, que supera por primeira vez o 50 %.
Estes datos son posibles grazas ás actuacións de acompañamento destas iniciativas de economía social, a través de formación, divulgación e comunicación, ademais de apoio económico para a súa posta en marcha, difusión e creación de emprego.
No 2021 a Xunta de Galicia investiu con este fin case 30 millóns de euros, e para o 2022, soamente para a creación e o fomento do emprego neste eido está previsto destinar 35 millóns de euros.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Nova edición: Gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais en Negueira de Muñiz
Agaca volve a organizar un obradoiro que consta de cinco sesión nas que as persoas interesadas na xestión dos montes veciñais en man común coñecerán as iniciativas innovadoras que dan valor aos montes; aprenderán como se leva a cabo a gobernanza e a organización dunha cooperativa; como é a fiscalidade nas comunidades de montes; como é a titularidade e a defensa da integridade dos montes; cales son os instrumentos de ordenación ou xestión forestal obrigatorios; así como as axudas, subvencións e beneficios fiscais existentes.
Datas: do 7 ao 11 de marzo
Horario: de 16:00 a 19:00 h
Lugar: na escola de Ernes, Negueira de Muñiz
Inscrición: a través desta ligazón
Máis información: agaca@agaca.coom / www.agaca.com
Ver máis
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|
|
|
|
|
|
|
|