LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 160  24/ 03 / 2022
 
    A intervención da Concelleira de Emprego e Igualdade no acto do 10º aniversario da Lei de Economía Social destacando a importancia da economía social en Galicia

No relatorio, María Jesús Lourezana, destacou que Galicia é pioneira á hora de lexislar sobre esta materia, coa adaptación da lei estatal á normativa autonómica e tendo en conta as particularidades do territorio e da economía galega.
Tamén resaltou que a economía social en Galicia é clave no mercado laboral, debido ao seu gran crecemento comparado cos datos a nivel nacional e, como mostran os indicadores, ao bo facer das políticas públicas levadas a cabo.
Por último, nomeou os bos datos alcanzados coa 1º Estratexia de Economía Social e os obxectivos perseguidos pola 2º Estratexia que acaban de poñer en funcionamento.
 
       
    O programa de formación dual en CEE fai posible que dez mozos consigan un contrato de formación e aprendizaxe durante 3 anos

Grazas á subvención deste programa para persoas con discapacidade intelectual en centros especiais de emprego, dez mozos con discapacidade intelectual conseguiron o seu primeiro traballo na tenda Juan María by Lolola.
Foi o centro de educación especial Juan María de Nigrán o que impulsou esta iniciativa, desde o que se fai un chamamento ao tecido empresarial e comercial de Vigo e arredores para que unha vez finalicen este programa teñan novas oportunidades laborais.
 
       
 
   
   

Pon en práctica a túa idea de negocio!

Coñece os pasos que cómpre dar para emprender baixo a fórmula cooperativa. Para iso, debe terse en conta a viabilidade do proxecto, analizando as áreas comercial e de mercado, e a económica-financeira; e planificar a área organizativa e os trámites de constitución.

Datas: do 29 de marzo ao 1 de abril
Horario: de 09:00 a 14:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Escola Universitaria de Estudos Empresariais, rúa do Conde de Torrecedeira 105, Vigo (Pontevedra)
Inscricións: a través deste formulario.
Máis información en: www.espazo.coop / patane@espazo.coop / 881 887 456

Ver máis

       
   

Xornada de promoción da economía social no sector mariño

Esta xornada, organizada no marco do proxecto Pasos (Plan de acción para a promoción da investigación e innovación responsable no ámbito mariño a través das entidades de economía social), ten como obxectivo o fomento da economía social no sector pesqueiro para poñer en valor o territorio como base de innovación social, económica e ambiental.

Data: 30 de marzo
Horario: de 11:30 a 13:00 h
Modalidade: presencial e en liña
Lugar: no edificio Redeiras - Universidade de Vigo, rúa da Ribeira do Berbés 11, Vigo (Pontevedra)
Tamén se retransmitirá en liña a través do Canal 2 da UvigoTV
Inscricións: a través deste formulario.
Para máis información: pasos@uvigo.es

Ver máis

   

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela