|
|
|
AXUDAS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL E AS SÚAS ENTIDADES PROMOTORAS
Esta subvención ten como finalidade a promoción da inserción sociolaboral das persoas en situación ou risco de exclusión social a través de dous programa, un de axudas ao mantemento do custo salarial e outro para compensar os custos adicionais do emprego das persoas que se atopan nalgunha destas situacións.
O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2022.
Para máis información podes consultar o folleto premendo aquí e a orde correspondente, aquí.
Ver máis
|
|
|
|
Constrúe o teu modelo de negocio con Lego
Esta formación ten por finalidade axudar a conceptualizar e definir as ideas de negocio das persoas participantes a través da metodoloxía innovadora LEGO Serious Play.
Por medio de preguntas clave, as persoas afondan en diversas temáticas ata acadar solucións e respostas creativas e inspiradoras para a toma de decisións reais.
Este xogo fomenta a reflexión, a análise e o debate e a convivencia de persoas, ideas e proxectos.
Datas: do 12 ao 15 de setembro
Modalidade: presencial
Lugar: nas instalacións da Fundación CEL, pazo de feiras e congresos de Lugo, O Palomar, s/n, Lugo.
Horario: de 16:00 a 20:00 h
Duración: 16 horas
Inscrición: a través deste formulario
Para máis información: 982 284 150 / proyectos@fundacioncel.org
|