LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 128  29 / 07/ 2021
 
   

Subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia

A Consellería de Emprego e Igualdade convoca subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego.

Poden ser entidades beneficiarias os concellos, as mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello e as entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 23 de agosto de 2021.

Máis información no DOG n.º 138 do 21 de xullo de 2021.

Ver máis

       
   


Consulta o catálogo galego de entidades de economía social

Recentemente publicouse o Catálogo galego de entidades de economía social impulsado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, no cal se detalla información relevante sobre as entidades que forman parte da economía social de Galicia.

Nestas últimas xornadas producíronse novas actualizacións que permiten aplicar novos filtros de busca por CNAE ou introducindo unha palabra relacionada coa actividade da entidade que se quere consultar.

Accede e consulta información das entidades de economía social: https://catalogoeconomiasocial.gal/gl

 Ver máis

   
   

A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza este curso coa finalidade de dar a coñecer o modelo cooperativo e das empresas da economía social e as súas características ao tempo que contribúe ao seu fortalecemento a través de estratexias que redundan na calidade.

Data: do 16 de agosto ao 23 de setembro
Duración: 70 horas
Modalidade: formación en liña
Inscrición: a través desta ligazón 
Máis información: 981584783 ou en agaca@agaca.com

Ver máis

       
   

Accións conectadas

Esta actividade formativa ten por obxecto proporcionar un achegamento á economía social e formar aos promotores para o desenvolvemento ou mellora das súas competencias. Entre os destinatarios atópanse as cooperativas e sociedades laborais e emprendedores que aposten pola fórmula cooperativa e economía social.

Datas: do 9 de setembro ao 7 de outubro
Horario:
- O 9 de setembro de 17:00 a 19:00 h.
- O 16, 23 e 30 de setembro e o 7 de outubro de 16:00 a 20:00 h. 
Modalidade: presencial nas instalacións da Fundación Cel Iniciativas por Lugo sitas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
Máis información: formacion@fundacioncel.org ou en 982 284 150

Ver máis

       
 
 

Gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais en Leiro

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza un obradoiro para persoas interesadas na xestión dos montes veciñais en man común coa finalidade de impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das comunidades de montes veciñais e favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre as persoas productoras.
 

Datas: do 13 ao 17 de setembro
Horario: de 16:00 a 19:00 horas
Modalidade: presencial na Escola de Lamas, O Casar s/n - Lamas, Leiro (Ourense)
Máis información: agaca@agaca.com ou en 981584783

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela