LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 195 24 / 11 / 2022
 
       
   

A Rede Eusumo permitiu que a Xunta titorizase preto de 100 proxectos e contribuíse á creación de 17 novas entidades de economía social no que vai de 2022

A Rede Eusumo naceu hai dez anos e na actualidade está integrada por 87 entidades socias. Durante o 2022, permitiu a aparición dun total de 17 entidades novas e titorizou 93 proxectos enmarcados nesta fórmula solidaria de negocio.

No ámbito da formación, a Rede Eusumo formou máis de 1100 persoas e impartíronse un total de 67 cursos en modalidade presencial e en liña.

Ver máis

       
 
   
       
   

Coñece a economía social e os tipos de entidades que a forman | Edición II

Desde a Rede Eusumo lanzamos a segunda edición deste curso gratuíto para dar a coñecer a economía social e as entidades que a forman, así como comparar estas fórmulas de economía social con outras fórmulas xurídicas.

Datas: do 25 de novembro ao 9 de decembro de 2022
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Duración: 20 horas
Inscrición: ata o 24 de novembro de 2022

Ver máis

       
   

O márketing dixital | Edición II

Desde a Rede Eusumo lanzamos a segunda edición deste curso gratuíto co obxectivo de facilitar novos métodos de márketing e comunicación ás empresas de economía social.

Datas: do 29 de novembro ao 14 de decembro de 2022
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Duración: 20 horas
Inscrición: ata o 28 de novembro de 2022

Ver máis

       
   

Kit dixital de ferramentas útiles para as entidades de economía social | Edición III

Desde a Rede Eusumo lanzamos a terceira edición deste curso gratuíto co obxectivo de ofrecer información sobre as principais ferramentas que facilitan a xestión das entidades de economía social, así como facilitar o traballo colaborativo e a organización dentro da entidade.

Datas: do 1 ao 15 de decembro de 2022
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Duración: 40 horas
Inscrición: ata o 30 de novembro de 2022

Ver máis

       
   

Resolve as túas dúbidas sobre as cooperativas e sociedades laborais!

Desde a Rede Eusumo organizamos esta actividade en liña gratuíta para achegar o modelo cooperativo e das sociedades laborais ao público que quere emprender, ademais de mostrar experiencias reais de emprendemento mediante exemplos de entidades de éxito en Galicia.

Data: 2 de decembro de 2022
Modalidade: en liña
Horario: de 12:00 a 13:30 horas
Inscrición: ata o 1 de decembro de 2022 a través deste formulario

Ver máis

   
   

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela