|
Boletín Rede Eusumo Nº 155 17/ 02 / 2022
|
|
|
|
|
|
Programa Medrando Xuntas
O próximo luns 21 de febreiro finaliza o prazo para inscribirse neste programa formativo gratuíto que ten como obxectivo fomentar o talento feminino nas entidades de economía social.
Existen dous programas diferenciados, un adaptado para directivas e outro para socias e traballadoras.
Según o perfil das persoas destinatarias adaptarase as distintas temáticas vinculadas á xestión das organización e ás habilidades persoais.
Para calquera dúbida ou consulta, podes dirixirte a: medrandoxuntas.emprego@xunta.gal
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Oportunidades de negocio no medio rural
Nova edición deste obradoiro gratuíto que tratará o porqué de emprender; as 12 oportunidades de negocio que existen para o emprendemento rural; a xeración e maduración das ideas para comezar cun proxecto emprendedor deste tipo; a fórmula cooperativa como o modelo máis idóneo para ese emprendemento e a elaboración do plan emprendedor para poder levalo a cabo.
Datas: do 22 de febreiro ao 8 de marzo
Modalidade: en liña
Horario: de 10:00 a 13:00 h
Inscrición: a través deste formulario
Máis información en: agaca@agaca.coop / www.agaca.coop / 981 584 783
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Formación en liña sobre a modernización do sector agroalimentario
Nesta formación abordarase o modelo cooperativo no sector primario, onde se tratarán aspectos concretos sobre a xestión das certificacións medioambientais e de calidade, co fin de contribuír ao fortalecemento das cooperativas e da economía social a través de estratexias que redundan na calidade.
Datas: do 28 de febreiro ao 1 de abril
Modalidade: en liña
Duración: 70 horas
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Nova formación de promoción, fomento e difusión da economía social
Neste conxunto de cinco xornadas búscase dar a coñecer ferramentas avanzadas para a mellora do funcionamento interno das entidades de economía social, afondando en aspectos claves do ámbito legal, económico-financeiro, de marketing e de xestión de persoas.
Datas: 3,10,17, 24 e 31 de marzo
Lugar: nas instalacións da Fundación CEL Iniciativas por Lugo, Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
Horario: o 3 de marzo de 17:00 a 19:00 h e o resto de días de 16:00 a 20:00 h
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|