|
Boletín Rede Eusumo Nº 264 27/03/2024
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Publicado o último informe de actividades da Rede Eusumo
Xa está dispoñible para consulta o informe das actividades desenvolvidas desde a Rede Eusumo durante o 2023.
O devandito informe inclúe a actualización das cifras da economía social galega, así como os eventos máis destacados que se realizaron neste ámbito.
Ademais, tamén se fai un breve repaso das axudas e dos convenios que se firmaron no 2023 coa finalidade de fomentar este modelo económico, que representa o 7 % do PIB en Galicia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Rede Eusumo achega a economía social a Redondela
O persoal técnico da Rede Eusumo desprazouse ata Redondela para achegar o emprendemento en economía social a máis de 50 persoas interesadas na materia.
A xornada centrouse en dar a coñecer as características e as particularidades que teñen este tipo de entidades co obxectivo de que o público asistente puidese adquirir coñecementos básicos neste ámbito e apostar polo emprendemento.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A economía social galega estará presente no Galicia Fórum Gastronómico 2024
A economía social de Galicia estará presente, da man da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, no Galicia Fórum Gastronómico 2024, que terá lugar en Expocoruña entre o 7 e o 9 de abril.
Na feira haberá un espazo reservado para que oito cooperativas galegas de diferentes sectores lles mostren ao público e aos profesionais asistentes os seus produtos:
- Tres Fuciños
- Verín Biocoop
- Milhulloa
- Terras da Mariña
- Productores del Campo de Capela
- Gaia
- Bodegas Eidosela
- A Factoría do Lume
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Mellora as túas habilidades e competencias para o traballo en equipo
EspazoCoop organiza esta formación para achegarlles ás mulleres os recursos e as medidas de apoio existentes que favorecen o emprendemento cooperativo.
Data: do 25 de abril ao 12 de maio
Horas: 25
Modalidade: en liña
Plataforma: Aula Virtual de EspazoCoop
Inscrición: a través deste formulario
|
|
|
|
Únete a esta nova charla sobre o emprendemento cooperativo
EspazoCoop organiza esta charla co obxectivo de dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
Data: 30 de abril
Horario: de 9:30 h a 13:30 h
Modalidade: presencial
Lugar: Aula de formación da Lonxa de Ribeira
Máis información: a través de espazo.coop
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|