LOADING


  Boletín Rede Eusumo Nº 265 04/04/2024
 
              
       
A economía social dará a coñecer os seus produtos no Fórum Gastronómico da Coruña
A Administración autonómica aproveitará o evento, que se celebra no recinto Expocoruña da cidade herculina, para contribuír á promoción das entidades da economía social, cun espazo propio no que acceder ao público en xeral e aos profesionais da gastronomía congregados.

En concreto, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade estará presente cun expositor que dará cabida un ano máis a oito cooperativas que exporán os seus produtos: Tres Fuciños, Verín Biocoop, Milhulloa, Terras da Mariña, Campo Capela, Gaia Gourmets, Bodegas Eidosela e A Factoría do Lume.

           
       
As entidades da economía social galega tamén se poden beneficiar do programa Re-acciona
A Xunta manterá aberto ata o 15 de novembro o prazo de presentación de solicitudes deste programa impulsado polo Igape, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (Gain).

Con Re-acciona, a Administración autonómica busca mellorar a competitividade das pemes galegas, incluídas as do ámbito da economía social, cunha oferta de 13 servizos que se enmarcan en tres eixes de compartitividade: a análise, a optimización e a estratexia.

           
 
       
           
       
  Descubre como utilizar os datos para mellorar a eficacia da túa web ou tenda en liña

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organiza esta formación para dar a coñecer os principios básicos da analítica web e poder desenvolver unha estratexia de mellora continua.

Data: do 16 ao 19 de abril
Horario: de 9:00 h a 14:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Santiago de Compostela
Inscrición: a través deste formulario

      Coñece a crianza de porco celta como unha oportunidade de negocio en Galicia

Agaca organiza esta xornada formativa para explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado.

Data: 18 de abril
Horario: de 9:30 h a 14:30 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Máis información: a través deste formulario

           
           
         
  Participa nesta nova xornada estratéxica para persoal directivo de cooperativas

Agaca organiza esta xornada estratéxica co obxectivo de favorecer que as adegas cooperativas de viño aborden novos retos ligados á produción e avalíen os efectos das axudas de reconversión e reestruturación.

Data: do 24 de abril
Horario: de 9:45 h a 14:45 h
Modalidade: presencial
Lugar: Santiago de Compostela
Inscrición: a través deste formulario

       
   
   

 

Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:

www.eusumo.gal

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela