LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 108  12 / 03 / 2021
 
   

A importancia das mulleres na economía social

Durante todo o mes de marzo conmemorarase o 8M  a través da campaña "Mulleres na economía social", para reivindicar e poñer en valor o papel destacado das mulleres neste ámbito apostando pola igualdade de oportunidades e o desenvolvemento sustentable. 

Todas as novidades sobre a campaña no cancelo #MulleresNaEconomíaSocial

Para coñecer a historia das mulleres da economía social galega que traballan diariamente para conseguir que todos os días sexan 8 de marzo, fai clic aquí

Ver máis

       
   

Convócanse novas axudas para fomentar o emprendemento e o crecemento das pemes

Publicadas as bases do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña coas seguintes liñas:
- Liña PEL emprende investimento
- Liña PEL autónomos/as
- Liña PEL PEMES creación e ampliación
- Liña PEL PEMES mantemento

O prazo para a presentación de solicitudes finaliza o próximo 15 de abril de 2021 ás 14:00 horas. 

Ver máis

   
   

Almorza connosco e descubre as oportunidades de negocio nas políticas públicas!

Abordaranse determinadas accións para mellorar a competitividade de entidades de economía social e presentaranse avances sobre políticas públicas da Administración que afectan ao sector das empresas cooperativas que son asesorías e consultorías. Ademais, tratarase a dificultade que atopan algunhas microcooperativas para acceder ás subvencións e a dinamización do sector de asesorías e consultorías.  

Data: 17/03/2021
Horario: 12:00 - 14:00 h
Modalidade: en liña (plataforma virtual)
Inscricións: formulario 

Ver máis

       
   

O sector do turismo, o ambiente e o patrimonio, unha oportunidade para as cooperativas!

Se formas parte dunha cooperativa relacionada con este sector, participa na presentación de iniciativas, proxectos, colaboracións ou necesidades no devandito ámbito, de maneira que se fomente a intercooperación e poidan xurdir novas oportunidades de negocio.  

Data: 17/03/2021
Horario: 16:30 - 18:30 h
Modalidade: en liña (plataforma virtual)
Inscricións: formulario

Ver máis

       
   

Materializa a túa idea de negocio!

Se xa tes a idea e precisas coñecer os conceptos básicos para elaborar o teu plan de empresa, o plan de marketing, a organización da xestión de persoas e o plan económico-financeiro, inscríbete e aprende como facelo!

Datas: 26 - 29/04/2021
Horario: 16:00 - 20:00 h
Duración: 15 h
Lugar: nas instalacións da Fundación Cel Iniciativas por Lugo sito no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
Inscricións: formulario (límite de prazas: 10 persoas)

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela