LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 200 29 / 12 / 2022
   
 
   
   
  Despedimos o ano volvendo a vista atrás para facer o noso habitual balance.

Aquí tedes a particular clasificación da Rede Eusumo co máis destacado no 2022 no eido da economía social:
   
         
     

O top 3 é para... 

Preséntase o Campus Eusumo!

Actualízase a plataforma de teleformación da Rede Eusumo, tanto no seu deseño, como nas novas funcionalidades. Agora as persoas usuarias poden automatricularse nos cursos asignándose o seu nome de usuaria e contrasinal e poden ver todos os cursos (activos e inactivos) que se lanzaron dende a Rede.

    aa    
      O top 2 é para... 

Santiago de Compostela, capital da economía social 2022

Neste 2022, Santiago de Compostela substituíu a Teruel como capital da economía social. Ademais, a súa confluencia co Ano Xacobeo foi unha grande oportunidade para visibilizar a economía social española.
         
      O top 1 é para... 

Celebración do 10º aniversario da Rede Eusumo

A Rede Eusumo fixo 10 anos apoiando a posta en marcha de novos proxectos cooperativos como motores da creación de emprego e axudando a consolidar as empresas da economía social xa existentes.
   
   

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela