|
Boletín Rede Eusumo Nº 205 02 / 02 / 2023
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Xunta visita a cooperativa Amarelante, unha das entidades beneficiarias do Bono Consolida Economía Social
María Jesús Lorenzana, conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, e Gabriel Alén, delegado da Xunta de Galicia en Ourense, visitaron as instalacións da cooperativa Amarelante, unha entidade de vocación ecolóxica, situada en Manzaneda e que se dedica á produción sostible de castaña.
Aproveitando esta visita, a conselleira anunciou que o seu departamento volverá a convocar este ano o Bono Consolida Economía Social.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Coñeces o apartado de asesoría virtual da nosa web?
A través da asesoría virtual podes acceder a información sobre os procedementos administrativos relacionados co rexistro de cooperativas, o rexistro de sociedades laborais e o rexistro de centros especiais de emprego de Galicia, así como a toda a normativa aplicable.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Tes dúbidas sobre como poñer en marcha a túa cooperativa?
Desde a Rede Eusumo axudámosche a resolver as túas dúbidas cunha guía que recolle os 13 pasos fundamentais que tes que seguir para poñer en marcha a túa cooperativa.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Inscríbete no curso "Contabilidade básica para a túa entidade de economía social"
Es unha persoa pouco familiarizada co vocabulario financeiro e gustaríache saber máis sobre o tema? Este curso está pensado para ti!
A 3ª edición desta formación gratuíta axudarache a ter unha visión integrada dos conceptos clave da contabilidade e das finanzas para que poidas xestionar a túa entidade de economía social.
Datas: do 14 ao 28 de febreiro de 2023
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Duración: 20 horas
Inscrición: ata o 13 de febreiro de 2023
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Súmate ao "Reto de Iniciativas para Ourense"!
A Confederación Empresarial de Ourense (CEO), no marco da Rede Eusumo, lanza o "Reto de Iniciativas para Ourense" co obxectivo de conseguir identificar máis de 100 iniciativas en menos de 8 horas para lograr un futuro mellor na provincia de Ourense.
Data: 15 de febreiro de 2023
Modalidade: en liña e presencial
Horario: de 9:00 h a 20:00 h
Inscrición: a través da web Laboratorio de Iniciativas Sostibles
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|