|
Boletín Rede Eusumo Nº 213 30 / 03 / 2023
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Rede Eusumo asiste á 1ª feira de emprego no Campus de Ourense
A Rede Eusumo participou na 1ª feira de emprego que a Universidade de Vigo celebrou no Campus de Ourense para achegar a economía social á comunidade universitaria.
Este tipo de iniciativas serven para que o alumnado universitario coñeza de primeira man as opcións profesionais de entidades que representan diferentes sectores, incluídas as do ámbito da economía social.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Aberto o prazo para solicitar as axudas do programa Aprol Economía Social 2023
A convocatoria do programa Aprol Economía Social 2023 segue aberta ata o 15 de setembro e a cantidade base da axuda é de 6000 euros, cun aumento do 25 % para quen presente dificultades de acceso ao mercado laboral.
A pasada convocatoria, a Xunta investiu máis de 4,7 millóns de euros nestas axudas co obxectivo de fomentar o emprendemento e o emprego na economía social. Como resultado, 153 cooperativas e sociedades laborais e 310 persoas beneficiáronse deste apoio financeiro en 2022.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Es unha cooperativa agraria ou pertences a unha SAT?
A Consellería do Medio Rural publicou as bases reguladoras das axudas da Política Agraria Común 2023 ás que se poden acoller as cooperativas agrarias e as sociedades agrarias de transfomación (SAT) da comunidade galega.
O obxectivo desta axuda é proporcionarlles unha compensación financeira aos agricultores e gandeiros polos custos adicionais e perdas de ingresos relacionados coa produción agrícola ou gandeira.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Inscríbete no obradoiro "Habilidades e competencias para o traballo en equipo en cooperativas"
EspazoCoop organiza este obradoiro co obxectivo de desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo e descubrir como aplicalas nunha contorna cooperativa, así como coñecer os recursos e as metodoloxías que axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
Datas: do 18 de abril ao 2 de maio de 2023
Horas: 20 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Aula Virtual de EspazoCoop
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|