|
Boletín Rede Eusumo Nº 222 01 / 06 / 2023
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Publicadas as bases reguladoras do Bono Consolida 2023
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publicou as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia "Bono consolida economía social" para a anualidade 2023.
A finalidade é apoiar a consolidación destas entidades e reforzar a súa presenza no tecido económico galego co fin de incrementar a súa competitividade e manter empregos de calidade.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Aberta a convocatoria do programa ES-Transforma para o 2023
Publicada no DOG a orde pola que se establecen as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais para a anualidade 2023.
Este programa busca apoiar a transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen relevo xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas, que xa estiveran a exercer unha actividade económica.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Participa no 4.º encontro da actividade "Boborás con futuro"
Súmate á busca de fórmulas que poñan en valor o potencial do concello de Boborás experimentando con diferentes metodoloxías de traballo que impulsen o emprendemento centrado na economía social e o desenvolvemento sustentable.
Datas: 12 de xuño de 2023
Horario: de 17:00 h a 21:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Edificio sociocultural Manuel Chamoso Lamas
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Inscríbete no obradoiro "Habilidades e competencias para o traballo en equipo en cooperativas"
EspazoCoop organiza este obradoiro co obxectivo de desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo e descubrir como aplicalas nunha contorna cooperativa, así como coñecer os recursos e as metodoloxías que axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
Datas: do 26 de xuño ao 11 de xullo de 2023
Horas: 20 h
Modalidade: teleformación
Plataforma: www.aulaespazocoop.com
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|