LOADING


Boletín Rede Eusumo Nº 229 20 / 07 / 2023

Nova convocatoria de axudas para as entidades de economía social da Rede Eusumo

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade abrirá unha nova convocatoria de axudas dirixida ás 97 entidades de economía social que forman parte da Rede Eusumo, co obxectivo de que desenvolvan accións de divulgación, formación e asesoramento.

A previsión é que se poidan beneficiar arredor de 40 entidades e que se realicen accións para preto de 4000 persoas.

Ver máis

Agaca e EspazoCoop presentan a II edición de ES-Mentoring

ES-Mentoring Acompañando á Economía Social é unha iniciativa que busca apoiar a consolidación das cooperativas e doutras entidades de economía social en situación de crise ou cambio nos seus negocios.

No marco deste programa búscase tecer unha rede colaborativa para que as entidades mentorizadas poidan implantar melloras a partir do coñecemento doutras empresas con éxito e traxectoria ampla nesta fórmula empresarial.

Ver máis

Aberto o prazo para solicitar as subvencións Emprendemento PLUS

A finalidade destas axudas é apoiar o fortalecemento e a consolidación de iniciativas de emprendemento que teñan unha antigüidade máxima de 42 meses, entre as que se inclúen as seguintes entidades da economía social:

  • As sociedades cooperativas e laborais
  • As empresas de inserción
  • Os centros especiais de emprego
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 17 de agosto.

Ver máis

A UVigo e AJE Pontevedra lanzan unha nova edición do IN-TEAMS

O IN-TEAMS é un programa de emprendemento no que se traballa sobre ideas de negocio para crear proxectos empresariais de economía social.

Consta de seis sesións formativas, que abranguen desde o modelo de negocio ata a comunicación e defensa do plan de empresa.

As mellores propostas serán recoñecidas cun primeiro premio de 750 euros e un segundo premio de 500 euros.


Datas: as accións do programa iniciaranse en setembro
Inscrición: ata o 31 de xullo a través deste formulario
Máis información: inteams.creaeconomiasocial.com

Ver máis

Descubre ferramentas útiles para a xestión da túa entidade

Desde a Rede Eusumo lanzamos a cuarta edición deste curso gratuíto co obxectivo de ofrecer información sobre as principais ferramentas que facilitan a xestión das entidades de economía social, así como facilitar o traballo colaborativo e a organización dentro da entidade.

Datas: do 4 ao 18 de agosto de 2023
Horas: 40 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición:
ata o 3 de agosto

Ver máis

Queres iniciar un proceso de internacionalización?

Desde a Rede Eusumo organizamos esta formación gratuíta na que as persoas participantes descubrirán como iniciar un proceso de internacionalización no seu negocio e aprenderán a tomar decisións estratéxicas que faciliten dito proceso.

Datas: do 8 ao 22 de agosto de 2023
Horas: 20 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición:
ata o 7 de agosto

Ver máis

Inscríbete no obradoiro "Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio"

Agaca (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) organiza unha nova edición deste obradoiro co obxectivo de dar a coñecer os conceptos de empresa cooperativa e de persoa emprendedora, así como as oportunidades que ofrece este modelo no ámbito rural.

Datas: do 1 ao 11 de agosto de 2023
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Inscrición: a través deste formulario

Ver máis

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:

www.eusumo.gal

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela