LOADING


Boletín Rede Eusumo Nº 234 24 / 08 / 2023

Últimas semanas para solicitar as axudas ás entidades de economía social

No apartado de "Axudas e subvencións" da nosa páxina web atoparás todas as axudas destinadas ás entidades da economía social que teñen a convocatoria aberta:

  • Subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo (4 de setembro)
  • Bono Consolida Economía Social (15 de setembro)
  • Programa ES-Transforma (15 de setembro)
  • Programa APROL - Economía Social (15 de setembro)
  • Axudas ás empresas de inserción e ás súas entidades promotoras (30 de setembro)

Ver máis

Coñeces o apartado de asesoría virtual da nosa web?

A través da asesoría virtual podes acceder a información sobre os procedementos administrativos relacionados co rexistro de cooperativas, o rexistro de sociedades laborais e o rexistro de centros especiais de emprego de Galicia, así como a toda a normativa aplicable.

Ademais, desde a Rede Eusumo estamos á túa disposición para resolver todas as dúbidas relacionadas cos procesos de constitución das entidades de economía social.

Contacta connosco!

Ver máis

Descubre como crear a túa entidade de economía social

Con esta formación gratuíta aprenderás a analizar a viabilidade do teu proxecto e coñecerás os pasos que hai que dar para crear unha entidade de economía social, así como as liñas de axuda e financiamento ás que podes optar para abordar con éxito o teu proxecto.

Datas: do 1 ao 15 de setembro de 2023
Horas: 20 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición:
ata o 31 de agosto

Ver máis

Resolve as túas dúbidas sobre a economía social

Desde a Rede Eusumo organizamos esta actividade para as persoas que queiran emprender e desexen resolver as súas dúbidas en canto ao funcionamento e a constitución das entidades da economía social.

Data: 4 de setembro de 2023
Horario: de 10:00 h a 11:30 h
Modalidade: presencial
Lugar: Usos Múltiples de Teixeiro (Concello de Curtis)
Inscrición: a través de eusumo.emprego@xunta.gal ou 981 558 008

Ver máis

Queres traballar no sector agropecuario?

A Fundación Impulsarse organiza esta formación para persoas mozas menores de 30 anos que teñan interese en traballar no rural en explotacións cooperativas de agricultura e gandería.

Datas: do 28 de agosto ao 8 de setembro de 2023
Horario: de 9:30 h a 14:30 h
Modalidade: presencial
Lugar: Avenida das Camelias 42, baixo, 36205 Vigo
Inscrición: orientacion@fundacionimpulsarse.es

Ver máis

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:

www.eusumo.gal

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela