LOADING


  Boletín Rede Eusumo Nº 254 18/01/2024
 
           
     
Solicita asesoramento gratuíto na Rede Eusumo!
Desde a Rede Eusumo ofrecemos un servizo gratuíto de asesoramento para calquera persoa que teña interese en crear ou consolidar unha entidade de economía social:
  • Análise da viabilidade do proxecto
  • Proceso de constitución
  • Elaboración de estatutos
  • Busca de financiamento
  • E moito máis...

Solicita máis información no 610 17 43 89 ou escríbenos a eusumo.emprego@xunta.gal

         
 
     
         
     

  Sabes como crear unha entidade de economía social?

Analiza a viabilidade do teu proxecto con esta formación gratuíta e coñece o proceso de constitución deste tipo de entidades, así como as liñas de axudas e financiamento ás que podes optar.

Datas: do 19 de xaneiro ao 2 de febreiro
Horas: 20
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición: automatriculación a través da plataforma

    A economía social e a modernización do sector agroalimentario

Agaca lanza esta nova formación, a distancia e gratuíta, relacionada coa calidade alimentaria, a preservación do medio e a divulgación do papel do cooperativismo.

Datas: do 1 de febreiro ao 17 de marzo
Horas: 70
Modalidade: en liña
Plataforma: elearning.laceseconomiasocial.com
Inscrición: a través desta ligazón

         
       
  Consigue que a túa entidade teña presenza nos medios!

Descubre o papel estratéxico que ten a comunicación nunha empresa e adquire destrezas básicas para saber actuar en calquera situación.

Datas: do 6 ao 20 de febreiro
Horas: 20
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición: automatriculación a través da plataforma

     
   
   

 

Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:

www.eusumo.gal

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela