LOADING


  Boletín Rede Eusumo Nº 256 01/02/2024
 
              
       
O Goberno galego presenta a 2.ª Estratexia galega da economía social
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade asistiu a este evento que se levou a cabo nas instalacións da cooperativa Viña Costeira, en Ribadavia (Ourense).

Nun acto que contou coa participación das entidades máis representativas deste modelo, a responsable autonómica incidiu en que Galicia quere posicionar a economía social no conxunto da economía de mercado e nos distintos sectores grazas á súa transversalidade.

Esta nova estratexia aspira a xerar 4000 empregos e crear 400 novas entidades ata 2027.

           
       
Aberta a convocatoria do programa Aprol-economía social para o 2024
A Administración autonómica publica as bases reguladoras das axudas para o fomento do emprendemento en economía social para a anualidade 2024.

Estas subvencións teñen como finalidade fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras a cooperativas e sociedades laborais. Farase a través de dous programas de axudas:

  • Programa I: para cooperativas e sociedades laborais
  • Programa II: para o acceso á condición de persoa socia

O prazo de solicitude finaliza o 16 de setembro.

           
       
A Xunta avanza no deseño da nova Lei de cooperativas
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou nunha nova xuntanza do Consello Galego de Cooperativas, na que se avaliaron os avances na nova Lei de cooperativas.

O obxectivo do Goberno autonómico é que Galicia conte en 2024 cun novo marco legal para flexibilizar e facilitar a creación de novas entidades e axudar a que as existentes avancen na súa profesionalización e dixitalización.

           
       
Publicadas as bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2024
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade abre o prazo de solicitude para participar nos Premios á Cooperación ata o 30 de abril.

Con esta iniciativa búscase fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo en Galicia.

           
       
Abre o prazo para participar no certame Cooperativismo no Ensino 2024

O alumnado dos centros galegos de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial poderán participar neste certame, para o cal deberán presentar as solicitudes ata o 30 de abril.

O obxectivo desta iniciativa é difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado a través do impulso de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

           
 
       
           
       

  A que financiamentos poden optar e con que apoios poden contar as cooperativas agroalimentarias?

Agaca organiza esta xornada gratuíta para dar a coñecer as tendencias na lexislación de promoción do medio rural, do cooperativismo e da economía social, así como as novas oportunidades de apoios financeiros neste ámbito.

Datas: 2 de febreiro
Horario: de 9:30 h a 14:30 h
Modalidade: presencial
Lugar: Santiago de Compostela
Inscrición: a través desta ligazón

      Consigue que a túa entidade teña presenza nos medios!

Descubre o papel estratéxico que ten a comunicación nunha empresa e adquire destrezas básicas para saber actuar en calquera situación.

Datas: do 6 ao 20 de febreiro
Horas: 20
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición: automatriculación a través da plataforma

           
       
  Descubre novas oportunidades de negocio no sector agroalimentario galego

Agaca organiza esta xornada formativa sobre as oportunidades de negocio que estará centrada na produción do té galego, un ámbito agroalimentario de interese crecente na nosa comunidade.

Data: 8 de febreiro
Horario: de 9:30 h a 14:30 h
Modalidade: en liña
Inscrición: a través deste formulario
 

      Xestiona a túa entidade de economía social de xeito máis sinxelo

Coñece as principais ferramentas que che axudarán na xestión da túa entidade e que contribuirán a facilitar o traballo colaborativo e a organización interna.

Datas: do 23 de febreiro ao 8 de marzo
Horas: 40
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición: automatriculación a través da plataforma

   
   

 

Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:

www.eusumo.gal

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela