LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 83  17 / 09 / 2020
 
 
 

Novo encontro organizado por REAS Galicia

REAS Galicia convoca un novo encontro en Carballo para o 19 de setembro, de interese para as entidades de economía social e todas aquelas persoas que se queiran aproximar á economía social e solidaria. Nel abordaranse oportunidades para saír da crise e, para os socios de REAS, terá lugar un mercado social.

Se tes interese en asistir, cubre este formulario de inscrición.

Ver máis

   
   

Almorzo informativo en tempos da Covid-19

O próximo 23 de setembro ás 10 horas os centros especiais de emprego están chamados a participar, a través de Teams, neste encontro no que se exporá a situación actual dos CEE e poderán acceder a un asesoramento técnico-xurídico ante esta crise sanitaria.

Data: 23/09/2020
Horario: 10:00 - 11:30 h
Modalidade: en liña a través de Teams
Inscricións: info@cegasal.com

Ver máis

       
   

Programa de economía social a medida da USC

A Universidade de Santiago de Compostela lanza un programa en liña para o alumnado universitario, as persoas emprendedoras con proxectos de economía social, as empresas de economía social que apostan por un salto de escala e outras empresas que queiran transformarse. Conta con diversas accións como formacións, titorías, busca de financiamento e mostra de economía social. Inscríbete nas accións que máis precises e fai o teu programa a medida. Tes de prazo ata o 24 de setembro!

Datas: do 28/09/2020 ao 13/11/2020
Inscricións: formulario / proxectoeusumo.usc@gmail.com

Ver máis

       
   

Queres posicionar o teu proxecto?

Aprende a elaborar un plan de comunicación da túa marca persoal ou empresarial, a utilizar as redes sociais para posicionar o teu negocio e a valorar a posibilidade de contar cun community manager. Aumentar a venda do teu produto ou servizo depende de ti, actualízate!

Datas: 29 e 30/09/2020 e 01/10/2020
Horario: 09:00 - 14:00 h
Duración: 15 h
Lugar: Asociación Boirense de Empresarios, avda. da Constitución, 85, entrechán, Boiro.
Inscricións:  981847888 / 981596800

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela