LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 040  07 / 11 / 2019
 
   

Queres mostrarlle os teus produtos ao público e coñecer a acollida que teñen?

Inscríbete no AgroBiotech Innovation Fest e participa nas diferentes actividades que se realizarán o próximo 22 de novembro no Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas, Ourense. 

Durante a mañá haberá tres mesas redondas deseñadas para favorecer o intercambio de coñecemento especializado sobre cuestións que representan retos de futuro para os sectores implicados. A sesión de tarde centrarase en combates dialécticos sobre diferentes temas de actualidade.  

Para máis información visita a web fest.agrobiotech.gal ou envía un correo a fest@agrobiotech.gal
 

Ver máis

       
   

Cegasal recibe o recoñecemento CECE aos valores sociais

O próximo 29 de novembro a entidade Cegasal recibirá na Coruña un recoñecemento pola súa defensa da liberdade, a igualdade, a xustiza e a solidariedade desde o ámbito educativo, cultural, deportivo, científico e humanitario. 

 

Ver máis

   
   

Almorzo informativo na Costa da Morte

Aínda non te inscribiches? O próximo 13 de novembro poderás participar neste encontro entre entidades de economía social no que se exporán os recursos dos que dispón a Administración na contratación pública para apoiar as posibilidades de emprego das persoas con discapacidade e cumprir coas obrigas que define a Lei de contratos do sector público. 

Data: 13/11/2019
Horario: 10:00 h
Lugar: Hotel Punta del Este, avenida de Malpica 125, Carballo
Inscricións: info@cegasal.com

Ver máis

       
   

VIII Congreso Valor Social e Desenvolvemento Sostible

Aberto o prazo de inscrición para persoal directivo de empresas e entidades de economía social e do tecido empresarial galego interesadas en asistir ao VIII Congreso Valor Social e Desenvolvemento Sostible. 

Durante o transcurso do Congreso, abordarase o valor social como un valor independente, medible e que pon de relevo a capacidade multiplicadora dunha organización cara ao beneficio social común. 

Datas: 21 e 22/11/2019
Horario: 21 de novembro de 09:30 a 14:30 h e de 16:00 a 17:30 h e o 22 de novembro de 09:30 a 14:00 h
Lugar: Cegadi, rúa Xosé Chao Rego, Santiago de Compostela
Inscricións: 981574698 / eventos@cogami.gal

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal

 

   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela