LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 041  14 / 11 / 2019
 
   

Entrevistamos a Inés Carreira, socia de Simbiosis

Simbiosis é unha cooperativa que presta servizos de asesoramento a empresas que pertencen ao sector da alimentación en Galicia, concretamente, da alimentación ecolóxica, e ofrece formación neste ámbito. 

Na actualidade, están aproveitando tamén o seu capital humano para ir incorporando novos servizos como o asesoramento fiscal a clientes. 
 

Ver máis

       
   

Queres descubrir os vínculos entre a economía social e a economía circular? 

Inscríbete e participa neste foro transfronteirizo que se celebra o próximo 26 de novembro ás 09:30 no Museo do Mar de Vigo, para coñecer en primeira persoa experiencias empresariais da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal e identificar estratexias de creación e consolidación de empresas baseadas en novos modelos de produción e consumo máis sustentables.

Para máis información podes chamar ao 986419922 (ext. 2004) ou enviar un correo electrónico a laces.emprego@xunta.gal

Ver máis

   
   

Pertences ao sector marisqueiro e queres emprender a través dunha cooperativa?

Coñece as súas vantaxes, como se constitúe, o réxime económico deste tipo de entidades, como elaborar e temporalizar liñas de acción para acadar os obxectivos comúns e, entre outras cuestións, descubrir os apoios e as axudas coas que contar. 

Datas: 3, 5, 10 e 12/12/2019
Horario: 10:00 - 15:00 h
Lugar: Centro Cultural do Concello de Ponteceso, avda. de Bergantiños, 65 A, Ponteceso
Inscricións: mariajose.pensado@ponteceso.gal 
silvana.facal@cabana.gal / 981715442 / 981754020 

Ver máis

       
   

Tes interese no emprendemento cooperativo?

Neste obradoiro coñecerás o necesario para emprender baixo a fórmula do autoemprego cooperativo a partir da experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.

Datas: 11 e 13/12/2019
Horario: 09:30 - 14:30 h
Lugar: Viveiro de Empresas, rúa Noal 26, Porto do Son, A Coruña
Inscricións: 981867412 ext. 1302 / jose.pazo@portodoson.gal

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal

 

   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela