LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 042  21 / 11 / 2019
 
   

Descubre como a economía social se adapta á economía circular

Aberto o prazo de inscrición ata o próximo 25 de novembro para asistir a este foro transfronteirizo e coñecer os vínculos existentes entre a economía circular e a economía social, que lideran a transformación nos modelos de consumo e impulsan  unha produción e consumo máis sustentables.

Para máis información: 986419922 (ext. 2004) / laces.emprego@xunta.gal

Ver máis

       
   

Entrevistamos a Fernando Simón, socio de Pulponor 

Pulponor é unha cooperativa dedicada á distribución e á comercialización principalmente de polbo, ademais doutros conxelados como a carne, o peixe e as verduras. 

Fortemente implicada coa sustentabilidade, e a través da colaboración co sector pesqueiro, aposta fortemente pola calidade do seu produto, grazas ao que non deixou de medrar ata converterse hoxe en día nun referante na cociña media e alta.

Ademais, desde esta entidade inténtase concienciar do perigro do furtivismo, para que as persoas se sensibilicen sobre a necesidade dunha pesca e un marisqueo legais e sustentables. 

Ver máis

       
   

Importantes novidades na 3.ª edición do AgroBiotech Innovation Fest 

Mañá terá lugar o AgroBiotech Innovation Fest, no Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas (Ourense), onde se darán cita entidades e empresas relevantes nos sectores da biotecnoloxía, a agroalimentación e a biomasa. 

Durante a mañá haberá tres mesas redondas deseñadas para favorecer o intercambio de coñecemento especializado sobre cuestións que representan retos de futuro para os sectores implicados. A sesión da tarde centrarase en combates dialécticos sobre diferentes temas de actualidade.  

Para máis información visita a web fest.agrobiotech.gal ou envía un correo a fest@agrobiotech.gal

Ver máis

   
   

A cooperativa como oportunidade de emprego

Que é unha cooperativa? Cal é o seu funcionamento? Que vantaxes ofrece? Como se financia? Descubre a resposta a esta e outras preguntas relacionadas, para emprender baixo a fórmula do cooperativismo.   

Data: 22/11/2019
Horario: 09:15 - 14:15 h
Lugar: nas instalacións de Ecos do Sur, avenida de Fisterra, 109, baixo, A Coruña
Inscricións: 881965692/ cooperativas@ecosdosur.org

Ver máis

       
   

Pertences ao sector marisqueiro e queres emprender a través dunha cooperativa?

Aínda quedan prazas para inscribirse e coñecer as vantaxes dunha cooperativa, como se constitúe, o réxime económico deste tipo de entidades, como elaborar e temporalizar liñas de acción para acadar os obxectivos comúns e, entre outras cuestións, descubrir os apoios e as axudas dispoñibles. 

Datas: 3, 5, 10 e 12/12/2019
Horario: 10:00 - 15:00 h
Lugar: Centro Cultural do Concello de Ponteceso, avda. de Bergantiños, 65 A, Ponteceso
Inscricións: mariajose.pensado@ponteceso.gal 
silvana.facal@cabana.gal / 981715442 / 981754020 

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal

 

   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela