LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 67  01 / 06 / 2020
 
 
 

A Xunta garante os apoios aos centros especiais de emprego e ás empresas de inserción durante a pandemia da covid-19

O Consello da Xunta de Galicia confirmou o pasado venres 29 de maio os criterios que aseguran que as dificultades que poidan sufrir estas entidades como consecuencia da covid-19 non van supoñer ningún prexuízo de cara á súa permanencia como empresa de economía social nin para obter as axudas autonómicas.

Ver máis

       
   

Modificacións no réxime establecido no Real Decreto-lei 8/2020 de medidas aplicables como consecuencia do estado de alarma a todas as entidades de economía social

O Real decreto-lei 19/2020 recolle as seguintes novidades:
- O prazo de tres meses para formular as contas anuais, que resultou suspendido pola declaración do estado de alarma, comeza a contar de novo desde o 1 de xuño.
- As xuntas ou asembleas xerais que deban aprobar as contas deben reunirse no prazo de dous meses desde que finalice o prazo para formulalas.
- O prazo para presentar o imposto sobre sociedades mantense, pero pódese presentar sen as contas aprobadas.

 
       
 
 

Coñece o funcionamento dunha empresa de inserción laboral

Nesta infografía coñecerás o labor das empresas de inserción como ferramenta de loita contra a exclusión social e para a inserción laboral.

Ver máis

       
 
 

Que é o Benmercado?

É unha plataforma de comercio electrónico na que se poden atopar produtos e servizos da economía social galega. 

A clientela ten acceso a unha ampla variedade de produtos de proximidade a través do comercio en liña, mentres que os provedores dispoñen dun escaparate no que mostrar os seus produtos ou servizos e competir en igualdade de condicións co resto de entidades. 

Ver máis

   
   

ÚLTIMOS días para inscribirse no curso de contabilidade

Coñece os conceptos e os instrumentos clave da contabilidade e as finanzas para xestionar unha entidade de economía social. Para iso afondarase principalmente nos estados financeiros (os principios xerais da contabilidade, o balance de situación, a conta de resultados e o punto de equilibrio) e os custos (directos e indirectos, os gastos e pagos e as amortizacións). 

Ademais, contarás coa axuda dun titor especializado ao que trasladarlle calquera dúbida ou cuestión ao respecto.

Datas: 01 - 22/06/2020
Modalidade: en liña
Duración: 20 h
Inscricións: formulario / 981558008 / eusumo.emprego@xunta.es

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela