|
Boletín Rede Eusumo Nº 72 02 / 07 / 2020
|
|
|
|
|
|
Únete ao Día do Cooperativismo 2020!
Celebra connosco o Día do Cooperativismo Galego o próximo sábado 4 de xullo ás 11:30 horas, que retransmitiremos en directo a través de YouTube e Facebook desde Vangarda Muebles de Cocina, S.Coop.Galega. Contaremos coa participación do coach internacional Daniel Álvarez, que nos falará da innovación que emerxe en tempos de cambio, e conversaremos coas cooperativas procurando respostas a novos desafíos.
Unha cita á que non podes faltar, esperámoste!
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
A Xunta garante a participación das entidades de economía social nos programas de axudas dirixidos á reactivación
Ao igual que o resto de empresas, as entidades de economía social desempeñan un papel moi importante na recuperación económica e laboral no contexto poscovid-19. Por esta razón, tamén poderán optar ás axudas dirixidas á reactivación da economía, tal e como se acordou no Consello de Goberno da Xunta de Galicia do 25 de xuño do presente ano.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Axudas ás familias para a conciliación como consecuencia da situación xerada pola covid-19
Publicadas no DOG as axudas económicas ás familias con nenos e nenas de ata doce anos de idade e residencia en Galicia que precisen contratar os servizos de atención á infancia a domicilio ou unha persoa empregada do fogar destinada ao coidado dos cativos; ou nas que un dos proxenitores pase a situación de excedencia ou redución de xornada polo coidado dos menores e cumpran os requisitos establecidos nesta Orde.
Poderán presentar a súa solicitude no prazo dun mes contando a partir do día seguinte ao da publicación no DOG.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Convocada axuda para garantir a seguridade laboral e xerar confianza no consumidor
Publicadas no DOG as axudas aos proxectos de empresas galegas para xerar confianza nos consumidores mediante a adopción de medidas destinadas a crear espazos seguros e introducir cambios nas prácticas empresariais, que faciliten unha adecuada reactivación das actividades económicas como consecuencia da crise sanitaria provocada pola covid-19.
Podes presenta a túa solicitude ata o próximo 31 de xullo de 2020.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
É o momento de poñer en práctica o teu proxecto cooperativo
Coñece os pasos que hai que dar para emprender como empresa cooperativa comezando por analizar as áreas comercial e de mercado, a viabilidade económica e financeira do proxecto, a planificación da área organizativa e os trámites de constitución.
Datas en Sada: do 07 ao 10/07/2020
Horario en Sada: 09:30 - 14:30 h
Lugar en Sada: no salón de plenos do Concello de Sada, avda. do Porto, Sada, A Coruña.
Inscricións en Sada: formulario / aedl@sada.gal / 620765150
Datas de teleformación: 09, 16 e 23/07/2020
Horario de teleformación: 11:00 - 12:30 h
Modalidade de teleformación: en liña
Inscricións na teleformación: formulario / patane@espazo.coop / 881887456
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|