LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 73  09 / 07 / 2020
 
 
 

Campaña "Coñecemos a fórmula para construír un futuro mellor"

A partir do 6 de xullo e durante dúas semanas, mostraranse nas diferentes canles da Rede Eusumo experiencias directas de diferentes cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e entidades de inserción galegas para visibilizar os beneficios dunha economía centrada nas persoas. 

O obxectivo é propiciar que as empresas medren e se consoliden no mercado ao tempo que impulsan un emprego de calidade e se preocupan pola sustentabilidade social e ambiental. 

Ver máis

       
 
 

Axuda Cheque autónomo

A concesión desta axuda económica está destinada ás persoas traballadoras autónomas ou por conta propia que non percibisen a prestación por cese temporal da actividade debido á covid-19, para que poidan facer fronte aos gastos xerados durante este tempo. 

A contía das axudas é de 600 euros para promocionar o envío de produtos finais a domicilio e de ata 1 200 euros para sufragar gastos de permanencia nunha plataforma de e-commerce, entre outras. 

O prazo de presentación das solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da Orde no DOG.   

Ver máis

   
   

E se traballamos en equipo?

Coñece como se traballa nunha cooperativa, as habilidades de comunicación e de xestión social necesarias para desempeñar as tarefas diarias en grupo, así como o procedemento de toma de decisións que afectan á entidade.  

Datas: do 21/07/2020 ao 04/08/2020
Duración: 20 h
Modalidade: en liña  
Inscricións: formulario / patane@espazo.coop / 881887456

 

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela