LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 84  24 / 09 / 2020
 
 
 

Entrevistamos a Bakery Lab SLL

No 2018 Dani Pampín, un dos tres socios desta sociedade laboral de responsabilidade limitada, recolleu o premio ao mellor panadeiro artesán de España.
Pensan que este recoñecemento se debe á súa maneira de entender a panadería, baseada no traballo con produtos de proximidade e unha volta a como se facían as cousas antigamente.
Optaron por converterse nunha sociedade laboral pola xestión do capital e tamén polo feito de que as persoas que traballan con eles poden, nun momento dado, sumarse como socias. Para eles, o capital humano é o máis importante.

Ver máis

       
   

O proceso de fusión nas sociedades cooperativas

Se queres coñecer en detalle cal é o proceso de fusión das cooperativas, as súas fases, ademais da documentación que se require en cada unha delas, visualiza esta infografía.

Ver máis

   
   

Anímaste a facer o camiño emprendedor?

Durante os meses de setembro e outubro realizaranse nove etapas do camiño de Santiago, co fin de crear unha experiencia única e empregar a peregrinación como fonte de inspiración e apoio á creación e á consolidación de proxectos de economía social.
Para máis información ou para unirte a algunhas das etapas do camiño, podes escribir a info@fundacionronsel.org.

Ver máis

       
   

Curso en liña sobre plans de empresa

Nesta teleformación, organizada polo Concello de Narón, tratarase a singularidade da empresa cooperativa e os conceptos e as ferramentas clave para elaborar os plans de mercadotecnia, os económico-financeiros, e os de produción e de recursos, ademais de adquirir os coñecementos para a toma de decisións formais e organizativas nunha entidade.
Se queres coñecer a utilidade e a importancia dun plan de empresa cooperativo e capacitarte para a súa elaboración, esta é a túa formación!

Datas: do 29/09/2020 ao 27/10/2020
Duración: 60 h
Inscricións: a través deste enderezo web.

Ver máis

       
   

Escola das Economías Transformadoras

Charlas reflexivas acerca da necesidade de camiñar cara a un novo modelo económico máis social, colaborativo e sustentable, con intervencións no ámbito das finanzas éticas, a soberanía alimentaria e a economía solidaria.

Datas: 01, 02 e 03/10/2020 
Horario: o 1 e 2 de outubro de 16:00 a 21:00 horas e o 3 de outubro de 09:00 a 14:00 h
Lugar: Salón de plenos (1º andar) do Concello de Cangas do Morrazo
Inscricións: formulario / www.mostradoposible.gal

Ver máis

       
   

A Mostra do Posible

Os días 3 e 4 de outubro terá lugar este encontro de entidades de economía solidaria e de movementos sociais galegos coa que se quere dar visibilidade ás alternativas que existen para construír un mundo máis xusto e solidario.
Se formas parte dun movemento social ou dunha cooperativa da economía social e xa podes inscribirte.

Datas: 03 e 04/10/2020 
Lugar: na alameda nova, Cangas do Morrazo
Inscricións: formulario / info@mostradoposible.gal

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela