LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 88  22 / 10 / 2020
 
   

A innovación social no emprendemento

O próximo 26 de outubro comeza a II edición da Feira de Emprendedoras de Compostela, que ten como temática principal a innovación social. Nesta ocasión as protagonistas son as mulleres que crean empresas con fins sociais e as que coa súa actividade empresarial buscan ademais lograr un impacto na sociedade.

Se tes interese en coñecer o programa formativo completo ademais das distintas temáticas que se tratarán, entra na nosa web e infórmate!

A feira realizarase en modalidade semipresencial e podes inscribirte aquí

Ver máis

   
   

Fórmate para emprender nunha empresa de inserción laboral

A través desta formación trataranse aspectos básicos como a organización empresarial, o marketing e a comercialización, a análise económica e aspectos concretos sobre as empresas de inserción laboral, o persoal traballador en inserción e a promoción destas empresas.

Datas: 26 - 30/10/2020
Horario: 09:00 - 14:00 h
Lugar: no Cersia Empresa, rúa Alcalde Raimundo López, pol. s/n, Santiago de Compostela
Duración: 25 h
Inscricións: aeigagalicia@aeiga.org

Ver máis

       
   

Interésache coñecer como é a xestión económico-financeira nunha cooperativa?

Nesta formación terás a oportunidade de aprender a interpretar a información económico-financeira dunha cooperativa así como a ter a capacidade de emitir xuízos críticos sobre a súa evolución, a coñecer os criterios de rexistro contable que lle afectan e a avaliar as fontes de financiamento utilizadas por elas.

Datas: 26/10/2020 - 11/11/2020
Modalidade: semipresencial
Duración: 40 h (35 h en liña e 5 h presenciais)
Inscricións: info@apegalicia.es / 981558374 / www.apegalicia.gal

Ver máis

       
   

Como xestionar e sacar o máximo rendemento dunha cooperativa nas comunidades de montes veciñais

Aprende a gobernar e organizar unha cooperativa e as vantaxes que ofrece esta fórmula de economía social, ademais doutros aspectos como a fiscalidade, a titularidade e a defensa dos montes veciñais, os instrumentos de ordenación ou xestión forestal e as iniciativas innovadoras no medio rural. 

Datas: 26 - 30/10/2020
Horario: 16:00 - 19:00 h
Lugar: no auditorio municipal do concello de Rois
Inscricións: 981584783 / agaca@agaca.com / www.agaca.com

Ver máis

       
   

Queres posicionar o teu negocio?

Descubre como elaborar un plan de e-comunicación para a cooperativa; xestionar o teu propio blog; crear e administrar o teu Facebook ou Twitter; poñer en práctica estratexias de SEO; poñer en marcha campañas de anuncios en redes sociais; e facer o seguimento dos resultados das accións realizadas, entre outras cuestións.

Non esquezas que posicionar o teu negocio depende de ti e actualízate!

Datas: 28/10/2020 - 09/11/2020
Modalidade: semipresencial
Duración: 20 h (15 h en liña e 5 h presenciais)
Inscricións: info@apegalicia.es / 981558374 / www.apegalicia.gal

Ver máis

       
   

A Rede Eusumo organiza un webinar para axentes intermedios

Este encontro en liña "Informa, apoia e asesora en economía social" está dirixido ao persoal das oficinas de emprego de Galicia, xa sexa persoal técnico de emprego e emprendemento, orientadores/as, persoal técnico asesor de proxectos empresariais, GDR ou GALP. Nel abordaranse aspectos fundamentais das cooperativas, as sociedades laborais, o centros especiais de emprego e as empresas de inserción.

Data: 29/10/2020
Horario: 13:30 - 15:00 h
Modalidade: a través da plataforma Zoom
Inscriciónsformulario

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela