Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: horta

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza "Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: horta" no marco da Rede Eusumo.

Data: 12 de marzo

Horario: de 9:45 h a 14:45 h

Modalidade: presencial

Lugar: Santiago de Compostela

Obxectivos: 

  • Favorecer que as cooperativas de horta, legumes, froita, flor e planta ornamental aborden os principais retos produtivos e de comercialización do sector, nun marco de intercambio de experiencias e acceso a coñecementos específicos sobre aspectos de actualidade e da Cadea de Valor.
  • Avaliar os efectos nas cooperativas da PAC e do Pacto Verde Europeo, especialmente en aspectos relacionados cos fitosanitarios, intentando impulsar profesionalización e sostibilidade, así como o acceso ás axudas de OPFH e de APAs.

Persoas destinatarias:

  • Persoas con cargos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, dirección, xerencia, equipo técnico).
  • Mulleres socias e mozos e mozas menores de 35 anos e maiores de 18, socios de cooperativas.

Inscricións: a través deste formulario

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

 

Descarga o programa

 

Martes, 12 March, 2024 - 09:45 to 14:45

Compartir