RESERVA A TUA SESIÓN DE COACHING EXECUTIVO PARA EMPRENDEDORES O VINDEIRO 22 SETEMBRO: REDE EUSUMO no Pont-Up Store

Como xa anunciamos neste espazo: o vindeiro 22 de setembro desenvolverase unha actividade de gran interese para os emprendores, dentro do ámbito de colaboración da REDE EUSUMO no Pont-Up Store,

Esta actividade contempla  sesións individuais ou grupais con emprendedores,  cunha duración  aproximada de 30 minutos, onde  explicarase qué pode aportar o coach de emprendemento ao teu proxecto empresarial concreto, en función das túas necesidades. Na sesión, que estará dirixida por Maximina Pereira, coaching executiva cunha ampla experiencia en asesoramento a proxectos empresariais, abordaranse as cuestións principais que haberá que ter en conta cando se inicia unha acción de emprendemento. 

Preme aquí para descargar o documento completo de Introdución ao Coaching Executivo.

O lugar de celebración desta actividade será no  Vicerrectorado da Universidade,  Casa das Campás,  Rúa Filiberto 9-11, en Pontevedra.

Programa completo Pont-Up Store 2016

Podes reservar a túa sesión de coaching AQUÍ.

Máis información da PONT-UP STORE 2016 en www.pontupstore.com

Mércores, 10 August, 2016 - 12:00

Compartir