Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e a directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, participaron hoxe en Rábade no acto en conmemoración do Día do Cooperativismo Galego, no que se recoñeceron as iniciativas premiadas nos Premios á Cooperación 2025 e na modalidade do concurso para proxectos empresariais cooperativos do Certame Cooperativismo no Ensino, que premia a centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.
