Novas

A Xunta pon en valor as 140 entidades beneficiadas de preto de 2,6 M€ este ano para a consolidación e impulso das entidades da economía social

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, puxo hoxe en valor as 140 entidades beneficiarias dun importe total de case 2,6 M€ no marco da convocatoria deste ano do Bono Consolida Economía Social, co que a Xunta apoia a consolidación desta fórmula no marco do tecido económico galego e cuxa resolución se publicará nos próximos días no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Xunta reforza o apoio á integración laboral das persoas con discapacidade e en risco de exclusión coas axudas deste ano á contratación de preparadores

Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 2025 de achegas do Programa de emprego con apoio da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Aberta a convocatoria para participar na Feira Culturgal 2025

A Feira das Culturgal celebraráse do 28 ao 30 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra e xa ten aberto o prazo para solicitar a participación.

Todas as entidades que desexen mostrar os seus espectáculos, produtos ou servizos poden solicitar a súa participación a través da web cultur.gal. Na zona de Profesional/Expositores poderase atopar toda a información necesaria para participar.

A feira establece dous prazos diferenciados para a solicitude de postos.

A Xunta impulsa con formación a dixitalización das Cooperativas e Entidades de Economía Social en colaboración con Galicia Business School

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, impulsa a transformación dixital das cooperativas e entidades de economía social co lanzamento do Programa Generación Digital Pymes: Cooperativas e Economía Social, que comezará en novembro e terá unha duración de tres meses. Esta iniciativa, que se desenvolve por primeira vez, levarase a cabo en colaboración con Galicia Business School, no marco do convenio de colaboración asinado recentemente entre ambas entidades ao abeiro da Rede Eusumo.

A Xunta salienta o potencial do cooperativismo como modelo de emprendemento que incentiva a empregabilidade

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou na sesión divulgativa de emprendemento cooperativo E ti, coñeces a fórmula?, organizada por Espazocoop no marco das actividades da Rede Eusumo e en colaboración co obradoiro de emprego Mancomunidade Ordes IV e do Programa de Emprego, formación, educación e economía social do FSE+.

Cooperar é Galicia. Ano Internacional das Cooperativas 2025 - AGACA

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) creou un vídeo para destacar a importancia do modelo cooperativo no sector agrícola e gandeiro galego, polo ano Internacional das Cooperativas 2025.

O vídeo pon en valor como a cooperación permite as persoas produtoras acceder a mellores recursos, tecnoloxías avanzadas, formación especializada e asesoramento profesional. Isto non só mellora a súa eficiencia, senón que tamén reduce os custos de produción e comercialización, traducíndose en mellores condicións no mercado.