Novas

A Xunta ten aberto o prazo de axudas dotadas con máis de 8 M€ para impulsar o emprego e a actividade das entidades da economía social

A Xunta de Galicia ten aberto o prazo de distintas liñas de axudas destinadas a impulsar o emprego e a actividade das entidades da Economía Social por un valor total de máis de 8 M€. Trátase do programa Aprol Economía Social, Bono consolida economía social e os apoios para que as entidades asociativas máis representativas do sector poidan sufragar os seus gastos de funcionamento.

A Xunta convoca por máis de 2,7 M€ as axudas de 2025 para a consolidación e impulso das entidades da economía social

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria deste ano do Bono consolida economía social, dotada con 2,73M€.

A Xunta destina preto de 700.000 € para impulsar accións de divulgación, formación e asesoramento en economía social no marco da Rede Eusumo

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha nova edición da convocatoria de axudas dirixidas ás entidades de economía social que forman parte actualmente da Rede Eusumo —actualmente máis dun cento— co obxectivo de que desenvolvan, no período 2025-2026, accións de divulgación, formación e asesoramento a persoas que estean a promover a súa activi

A Xunta lanza unha nova edición do certame Cooperativismo no Ensino e dos Premios á Cooperación
  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de 2025 de ambos certames, unificándoos por primeira vez na mesma orde para maior simplificación e poderanse presentar solicitudes desde mañá ata o 30 de abril
  • O Goberno galego destina en conxunto 43.000 €, dos que 28.000 son para o certame Cooperativismo no Ensino 2025 e 15.000 € para os Premios á Cooperación e enmárcase na aposta global da Administración galega a prol da economía social
Informe de actividades da Rede Eusumo no 1º semestre de 2023

Neste informe, recóllese información referente ao acontecido durante o primeiro semestre do 2023 en canto ás: