A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe na mesa redonda Debate horizontal: o poder da cooperación e a responsabilidade europea no marco do 15º Foro de desenvolvemento de Mazovia, que se celebra no Centro de Conferencias Legia Varsovia e no que tamén participou, entre outros, o presidente da rexión de Mazovia, Adam Struzik. Alí a directora xeral deu conta da experiencia de Galicia como Rexión Emprendedora Europea, xunto con Mazovia, en Polonia, e Krapina Zagorje, en Croacia, polo seu compromiso co emprendemento ligado ao territorio.